Boletines

"Policía Solidaria"

Memoria Proxecto Policía Solidaria 2010-2020

Memoria Proxecto Policía Solidaria 2010-2020

  • 2010

En 2010 lévanse a cabo as PRIMEIRAS ACTIVIDADES enfocadas a acadar cartos para o Proxecto Solidario:

 

Na FESTA DO NADAL DA ASOCIACIÓN:

  • Sorteo dunha camiseta do Deportivo. A 2 € cada participación.
  • Sorteo de 2 entradas para un partido do Deportivo.
  • Hucha Solidaria.
  • Exposición de fotos dos Proxectos iniciados por socios/as.

Como resultado dos sorteos e as aportacións voluntarias, acadáronse 309 €

 

FESTA DE NADAL NO CENTRO DE ACOLLIDA DE MIÑO:

Os membros da Comisión participan na Festa deste Centro de Acollida,

levando xoguetes para todos os nenos e nenas. Colabórase na Festa

e coas relixiosas para o desenvolvemento do acto. O transporte faise en

furgoneta particular cedida por un socio (Abelardo).

 

 

2011

 

ACORDO DE RESERVA DE CUOTA:

Na Asemblea da Asociación, acordouse destinar o 10% da cuota dos afiliados ó Proxecto Solidario. A nosa asociación convértese nunha das entidades que maior porcentaxe dos seus ingresos reservan para fins humanitarios (supeditado á garantía, chegado o caso, de que compra atender outras necesidades propias da natureza desta asociación).

 

PROXECTO CERO NEGATIVO:

Aportación: 700 €

Esta ONG envía ó Camerún material hospitalario, sanitario... e un lote de xoguetes (sobrante da Festa de Nadal da Asociación). Todo nun contenedor que chega vía marítima ó Camerún e logo en camión ó Centro de saúde St. Joseph e á Casa de Acollida para menores discapacitados en Bamenda.

 

FESTA DE NADAL DA ASOCIACIÓN:

  • Invítase á Festa da asociación ós nenos e nenas do Centro de Acollida de Bañobre, Miño.
  •  Instálase unha exposición fotográfica do Proxecto no Camerún da ONG Cero Negativo. Fotos traídas de Ourense, da sede da ONG, polo compañeiro Bautista.
  • Organízase unha venta de zapatillas, libretas e material diverso co fin de aportar o recaudado a persoas no Sahara.
  •  Recollida de xoguetes  para enviar ó Camerún, como xa se detalla nun proxecto anterior, transportados na furgoneta cedida por Abelardo.

2012

“BANCO DE ALIMENTOS DE A CORUÑA”:

Cos 309 € acadados na Festa de Nadal do 2010, mércanse dous lotes de panos para bebés e leite de biberón para neonatos. Este lote ten como destino o Banco de Alimentos da Coruña, e atende a unha petición expresa desa organización.

 

2013

 

 “BANCO DE ALIMENTOS DE A CORUÑA”:

Recollida de alimentos no cuartel da Policía Local. Durante tres días, recóllense todo tipo de alimentos, doados voluntariamente polo persoal da Policía. Entre outros: legumes, pastas, arroz, conservas de verduras e peixe, galletas, leite, encurtidos, salsas, leite para lactantes, etc. Así como outro tipo de productos de necesidades básicas como panos de bebé...

Despois de recollidos todos estes productos, preto de unha tonelada, empaquétase en caixas de cartón que trasladamos ó Banco de Alimentos de A Coruña, no polígono de A Grela.

2015

 “BANCO DE ALIMENTOS DE A CORUÑA”:

Atendendo a unha demanda de leite desta organización, publicada no periódico, a nosa asociación aporta 500 € na merca de leite en bricks

 

 ONG “CEAS”:

Atendendo a unha petición de auxilio do pobo Saharaui, por inundacións sufridas no mes de novembro, a asociación aporta 500 €.

 

 “BANCO DE ALIMENTOS DE A CORUÑA”:

Merca de galletas e conservas para entregar o Banco de Alimentos de A Coruña.

2016

“APASCIDE”. CENTRO DE SORDO-CEGOS DE SEVILLA:

Centro de sordo-cegos en Sevilla. A asociación resposta cunha aportación de 500 € á petición de axuda da Directora do Centro, e do persoal que alí traballa.

 

DOAZÓN DE XOGUETES Á “CRUZ VERMELLA”:

Doazón de xoguetes procedentes da Festa de Nadal da nosa asociación.

2017

“APASCIDE”. CENTRO DE SORDO-CEGOS DE SEVILLA:

Continúase colaborando co 1.000 € para o PROXECTO APASCIDE: Dedícanse á atención a persoas con sordoceguera e outras persoas con discapacidade auditiva e/ou visual e outros problemas de comunicación.

O Centro está adaptado ás súas necesidades e a atención é específica para cada caso, contando con profesionais formados en sordoceguera. Está formado por unha Unidade de Estancia Diurna con 19 prazas, e unha Residencia con 26.

 

PROXECTO EN GUATEMALA. ONG “Por qué no?”:

Doazón de 1.000 € para o proxecto da ONG coruñesa "Por qué non?" con experiencia en Grecia, Sáhara, Guinea Bissau, Palestina e Kenia.

Nos presentan varios proxectos en GUATEMALA:

  • Becas de estudos en primaria e universidade.
  • Becas de estudos musicais para dúas nenas.
  • Pago do aluguer dunha Casa Refuxio para mulleres maltratadas.
  • Donación de libros para unha biblioteca nunha escola.
  • Donación de material para Cooperativa de mulleres artesanas.
  • Compra de artesanía.

2018

FUNDACIÓN LOYOLA:

APORTACIÓN ECONÓMICA 2500€ - transporte de mobiliario para a instalación dunha nova escuela en Mozambique.

Susana Vázquez, Coordinadora Proyecto de Hermanamiento Colegial ESIL/SMM: "El impacto de vuestra donación es muy alto ya que hace posible el traslado del mobiliario de cinco aulas completas, un laboratorio y material escolar. Con una ratio de cincuenta estudiantes por aula, esta donación permitirá que 250 adolescentes, especialmente chicas, tengan acceso a la educación…..Una vez más gracias en nombre de la Fundación Loyola Galicia, del Colegio Santa María del Mar y de la Escuela Secundaria Ignacio de Loyola.” 

2019

Colaboración económica con Aldeas Infantís: Aportación de 1.500€ en efectivo para axudar a financiar as súas actividades.

 "…no tenemos palabras suficientes para agradecer vuestra generosidad y compromiso con nuestros pequeños y con todos los niños indefensos e inocentes que cada día son víctimas de tratos inadecuados…Sois los primeros en acudir y los primeros también en ayudar en este caso económicamente a hacer posible que sí que tengan su casa, su mamá y a fin de cuentas una normalidad que tanto escasea para ellos, que se centren en jugar, en hacer sus deberes y en sentirse seguros, en fin en ser niños. Nuestro agradecimiento y nuestra total admiración por todo lo que hacéis.”

Doazón de alimentos: Doazón ó Banco de Alimentos da Coruña valorada en 900€.

Doazón de xoguetes á Cruz Vermella procedentes da festa de nadal da Asociación

2020

Fundación Loyola e Colexio Santa María do Mar Doazón dun lote de paraugas e un lote de gafas graduadas e un lote de gafas graduadas.

"Desde el colegio Santa María del Mar y la Fundación Loyola Galicia, queremos transmitirles, una vez más, nuestro profundo agradecimiento por la donación de paraguas para los huérfanos de Sementes de Amanha…gracias una vez más por su apoyo que tan bien hará a aquellos niños que recorren varios kilómetros para ir a la escuela bajo la lluvia de verano.” Susana Vázquez, Coordinadora Proyecto de Hermanamiento Colegial ESIL/SMM.

Doazón Plan Cruz Vermella responde: Tras o comezo da pandemia do Covid-19 doazón a cruz vermella dun lote de panos para bebés valorado en 500€.

“Con vuestra implicación con el plan #CruzRojaResponde podemos seguir estando cerca de las personas más vulnerables.”

Recollida solidaria de almientos en colaboración con Bombeiros A Coruña e posterior entrega ó Banco de Alimentos Balrial.

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.