Boletines

"Policía Solidaria"

¿Qué é o Proxecto Solidario da Policía Local da Coruña?

¿Qué é o Proxecto Solidario da Policía Local da Coruña?

O colectivo da Asociación Profesional de Policía local de A Coruña, como homes e mulleres policías a título particular e asociado, quere contribuír máis na loita contra as carencias e sufrimento na nosa sociedade, aínda que sexa modestamente. Por iso dende 2009 e tras acordo asambleario unánime, púxose en marcha este proxecto para fins solidarios, de carácter permanente. Non ten, por tanto, carácter oficial nin vinculación ca administración.

Baixo supervisión da Directiva, a Comisión Delegada integrada por socias e socios voluntarios leva o peso das accións, desenvolvendo proxectos concretos e identificables, xestionados directamente ou en colaboración con outras organizacións (ONG) dedicadas a fins humanitarios, con carácter local, nacional e internacional.

No mes de decembro de 2010 constituíuse a primeira Comisión Delegada do Proxecto Solidario da asociación (vogal e tres socios/as), integrada por Paula, Fabiana, Abelardo e Luz.

A solidaridade do noso colectivo chega a Etiopía, Gambia, Camerún, Sáhara, Guatemala... e tamén ó no noso país, en favor de nenos e nenas en situación de acollida, desamparados, provintes de familias desestructuradas... Os proxectos continuarán extendéndose xeograficamente en outros ámbitos e localizacións.

Dende a Directiva da Asociación agradecemos publicamente o apoio que esta iniciativa obtivo por parte dos socios e socias, e moi especialmente ás persoas que compoñen a primeira Comisión, por ter iniciado este proxecto e pola súa sacrificada e sempre discreta labor, así como a todas as intitucións que facilitan ca súa labor as nosas actuacións.

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.